A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Estamos buscando formas de descarbonizar os nosos tractores”

Entrevista a Stefan Caspari, vicepresidente senior de AGCO Grain & Protein, multinacional de equipamento agrícola, con marcas tan coñecidas como Fendt, Valtra ou Massey Ferguson. Anuncia que “estamos a buscar formas de descarbonizar os nosos produtos”. Un exemplo é o tractor totalmente eléctrico Fendt e100

“Estamos buscando formas de descarbonizar os nosos tractores”

Stefan Caspari, vicepresidente senior de AGCO Grain & Protein

AGCO Corporation é unha multinacional de equipamento agrícola, con marcas tan coñecidas como Fendt, Valtra ou Massey Ferguson, e que factura máis de 5000 millóns de dólares. Ademais de maquinaria, AGCO tamén estende a súa actividade a solucións para a conservación dos produtos agrícolas nos almacéns, sistemas de monitorización dos cultivos ou do gando..etc.

Recentemente, Stefan Caspari, vicepresidente senior de AGCO Grain & Protein, visitou España e tivemos oportunidade de entrevistalo para analizar con el os retos da produción agroalimentaria e as solucións que achega a súa empresa.

De onde vén o seu interese polo sector agrícola e como foi a súa carreira profesional neste campo?
A agricultura é a miña paixón. Nacín e crieime nunha granxa leiteira e estudei enxeñería agrícola. Mesmo tiven a oportunidade de traballar nunha granxa no estado brasileiro de Sao Paolo durante catro meses mentres estaba na universidade.

Despois de terminar os meus estudos, pasei varios anos en consultoría de xestión e na industria de servizos financeiros. Pero quedoume moi claro que necesitaba pisar terras cas miñas botas para ser máis feliz na miña carreira. Entón, uninme a AGCO como xefe de estratexia para as nosas operacións en Europa, África e Medio Oriente, con sede en Suíza. Posteriormetne, fun responsable da gobernanza de Marcas Múltiples para a nosa carteira de marcas. Máis tarde, mudeime aos Estados Unidos e pasei a desempeñar a responsabilidade de Director Global de Estratexia e Integración de AGCO.

A innovación centrada no cliente está no corazón da nosa estratexia e sempre foi unha área de enfoque clave para min. Por tanto, estaba encantado de ter a oportunidade de facer medrar o noso negocio Fuse – Smart Farming Solutions como o próximo paso na miña carreira.

En 2019, convertinme en vicepresidente sénior e xerente xeral da unidade comercial global de grans e proteínas de AGCO. Operamos desde 15 sitios en todo o mundo para servir aos nosos clientes con solucións líderes de almacenamento, acondicionamento, manexo de materiais, xestión e procesamento para grans e sementes e sistemas completos de produción porcina, avícola e de ovos.

Hai unhas semanas mantivo un encontro en Madrid con xornalistas do sector agroalimentario para falar sobre as innovacións no sector para mellorar a seguridade alimentaria e o benestar animal. Nunca antes o prezo dos alimentos estivo tan caro. A que obedece esta suba?
A inflación está a afectar a toda a cadea de valor. Os nosos agricultores están a ver un aumento nos custos de enerxía, alimentos, man de obra e insumos. O encarecemento crecente das materias primas, a man de obra e o transporte tamén está a afectar aos fabricantes, procesadores e minoristas. Isto, por suposto, conduce a prezos máis altos dos alimentos que todos estamos a ver.

“Cremos que a agricultura de precisión pode ter un gran impacto no futuro”

Que retos supón o cambio climático para a produción de alimentos no planeta?
O cambio climático está a causar un clima impredicible, cambios na terra cultivable e un impacto na auga doce. Todos estes son desafíos importantes para a nosa industria. O feito é que necesitamos axudar aos nosos agricultores para continuar producindo máis con menos. Neste sentido, cremos que a agricultura de precisión pode ter un gran impacto no futuro para facer fronte aos desafíos do cambio climático.

O campo móvese grazas ao diésel e aos fertilizantes químicos, fabricados á súa vez con gas natural. Non son poucos os expertos que advirten de que estes dous recursos serán cada vez menos accesibles polo seu esgotamento e que isto repercutirá moi negativamente na produción de alimentos. Que opina respecto diso?
Cremos que a adopción da tecnoloxía de agricultura de precisión terá un impacto positivo porque existe un gran potencial de optimización na industria. A fertilización de precisión, o desherbado de precisión, o almacenamento de grans e a gandería de precisión poden axudar a reducir a dependencia da industria dos escasos recursos naturais e aumentar a sustentabilidade da agricultura ao mesmo tempo.

Nun planeta no que cada vez é máis difícil producir alimentos para os agricultores, cre que teñen sentido as restricións aos Organismos Modificados Xeneticamente?
A innovación na agricultura sempre foi crítica e é aínda máis importante cunha poboación en aumento, os impactos do cambio climático e a necesidade dunha maior sustentabilidade. A mellor ciencia dispoñible indicaría que os Organismos Xeneticamente Modificados son seguros e ofrecen tremendos beneficios: Pódense cultivar con menos produtos químicos, resisten enfermidades e secas. Persoalmente, creo que os beneficios superan os riscos sen fundamento.

Cales son as principais innnovaciones que destacaría nos sistemas de almacenamento e procesado de alimentos para mellorar a seguridade alimentaria? E en concreto as desenvolvidas por AGCO?
AGCO apoia aos clientes en toda a cadea de valor agrícola. Iso inclúe o almacenamento, o procesamento e as manipulacións posteriores á colleita. A nosa marca GSI acaba de lanzar GrainVue, que axuda aos nosos clientes para eliminar as conxecturas ao administrar o seu gran almacenado para que poidan aproveitar ao máximo o que produciron. Supervisa de forma remota a temperatura, a humidade e o inventario. Tamén automatiza ventiladores para arrefriar, secar, almacenar ou rehidratar.

A nosa marca Cimbria axuda aos nosos clientes na industria de sementes a aumentar a calidade e mellorar o potencial das sementes con clasificadores ópticos innovadores e produtos dixitais que monitorean constantemente a través dunha solución baseada na nube, o que garante que os nosos clientes estean ao tanto da súa produtividade.

O noso equipo tamén se enorgullece da seguridade alimentaria e a calidade dos alimentos. Ofrecemos unha carteira completa de secadores que axuda aos nosos clientes globais a lograr unha alta eficiencia e asegura a xerminación ao secar as sementes.

 ”Scout é o primeiro robot suspendido no teito do mundo que monitorea de forma autónoma o benestar animal”

E no sector gandeiro?
Estamos moi entusiasmados coa forma en que Scout pode axudar aos gandeiros. Desenvolto polo noso equipo de Precision Livestock en Barcelona, Scout é o primeiro robot suspendido no teito do mundo que monitorea de forma autónoma o benestar animal e axuda aos gandeiros para mellorar a produtividade.

Que lles diría aos agricultores e gandeiros sobre a importancia destas innovacións para incrementar a produtividade?
A razón pola que estas innovacións son importantes é porque se desenvolveron tendo en conta os maiores desafíos dos clientes. Os nosos clientes en todo o mundo están a ter dificultades para atopar man de obra cualificada, vendo como aumentan os seus custos e se reducen as súas marxes. Teñen que optimizar cada aspecto do seu negocio para ter éxito. As últimas innovacións están a axudar aos nosos clientes para tomar mellores decisións para obter mellores resultados.

 “Estamos a buscar formas de descarbonizar os nosos produtos”

Están a estudar alternativas ao diésel na súa maquinaria agrícola? Cales considera máis viables?
AGCO está a traballar para axudar aos agricultores para reducir os gases de efecto invernadoiro ao facer que os equipos sexan máis eficientes en combustible e ofrecer alternativas para a agricultura con baixas ou cero emisións.

Por tanto, estamos a buscar formas de descarbonizar os nosos produtos. Un exemplo é o tractor totalmente eléctrico Fendt e100, que se atopa nunha etapa piloto avanzada. Fendt tamén está a desenvolver un prototipo de tractor propulsado por tecnoloxía de pila de combustible baseada en hidróxeno libre de carbono. A marca Valtra mesmo está a investigar tractores que funcionan con biometano, que é un combustible neutro en carbono.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *