A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, un referente na investigación e mellora do sector

A conselleira María José Gómez visitou as instalacións deste centro con motivo do seu 40 aniversario e lembrou o seu traballo preservando a diversidade, impulsando a innovación e garantindo a sustentabilidade da viticultura galega

Publicidade
A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, un referente na investigación e mellora do sector

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), situada en Leiro, celebrou o seu 40 aniversario e segue destacando a nivel nacional e internacional polo seu traballo a prol do desenvolvemento e mellora do sector a través da preservación da diversidade, do impulso da investigación e innovación e a garantía da sustentabilidade da viticultura galega.

No acto estivo presente a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo. Gómez destacou o labor da Evega na preservación e rexistro oficial do patrimonio xenético vitícola galego a través do seu Banco de Xermoplasma de vide de Galicia, no que se conservan máis de 200 ecotipos de 67 variedades, sendo o 80% de cultivo tradicional galego. A conselleira explicou que a través deste labor, o centro contribuíu na recuperación da variedade Godello a través do proxecto Revival.

Tamén destaca pola mellora xenética, o que o sitúa como un dos centros máis avanzados da Península neste sentido. O seu viveiro lidera o desenvolvemento de máis de 35 clons certificados de variedades brancas e tintas que se poñen a disposición dos viticultores para plantar viñedos equilibrados e sostibles.

Ademais destes campos de traballo, a conselleira explicou que na Evega tamén se está a estudar a adaptación ao cambio climático das viñas, ao mesmo tempo que se aposta pola investigación. Neste ámbito, resaltou a participación no proxecto Fitovit, que busca protexer o viñedo fronte ás enfermidades para reducir o uso de produtos químicos e garantir unha produción sostible e competitiva.

A conselleira salientou que o Goberno galego manterá o seu apoio ao sector vitícola no 2026 cun investimento de arredor de 12 millóns de euros en diferentes liñas de achegas, como son a de reconversión e reestruturación de viñedo, a de promoción dos viños en mercados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información