Estabilidade nos prezos do mercado de Amio

Estabilidade nos prezos do mercado de Amio

Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do mercado de Amio mantéñense igual á sesión do 10 de xullo para todo o gando de recría, o de abasto para sacrificar e o vacún maior.

En canto á afluencia de animais, na xornada de hoxe asistiron 1.633 reses, 131 máis que na sesión anterior. En detalle, houbo 1.397 cabezas de vacún menor (115 máis que a pasada semana); 80 de vacún mediano (6 máis que a sesión anterior) e 156 de vacún grande (10 reses máis).

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

Máis información

– Táboa de cotizacións de Amio (17-VII- 2024)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información