Estabilidade nos prezos do Mercado de Amio

Estabilidade nos prezos do Mercado de Amio

Mantéñense os prezos da sesión do mércores pasado para o gando que concorreu nesta semana ao Mercado de Amio para todos os animais de recría e o mediano e maior de matadoiro.

En canto á Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por maioría baixar 0,02 euros os prezos de todas as canais de ambas as categorías, Suprema e Ternera Gallega.

Finalmente, a asistencia presentou unha baixada de 581 animais, co que entraron no recinto 1.293 reses. En detalle, houbo 1.143 cabezas de vacún menor (589 menos que na sesión anterior); 32 de vacún mediano (+4) e 118 de vacún grande (catro animais máis que o 27 de maio).

Cotizacións do 17-VI-2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información