Os prezos do gando que concorreu este mércores ao Mercado de Amio mantéñense como na sesión anterior para todas as categorías e calidades do vacún de cebadeiro e de matadoiro.
Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría tamén manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e calidades desta carne.
Finalmente, a asistencia de animais foi de 1.471 reses, cinco máis que á do 27 de novembro. En concreto, concorreron 1.290 cabezas de vacún menor (24 máis que na sesión anterior); 49 de vacún mediano (igual que a semana pasada) e 132 de vacún grande (-18).
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (4-IV-2024)