Estabilidade nos prezos do gando que concorreu ao mercado de Amio

Estabilidade nos prezos do gando que concorreu ao mercado de Amio

Os prezos do gando que concorreu este mércores ao recinto feiral do Mercado de Amio mantivéronse igual que na sesión anterior.

En canto á asistencia de gando, na xornada de hoxe houbo 44 reses máis que na sesión do 19 de xuño e rexistráronse 1.451 animais. En detalle, houbo 1.219 cabezas de vacún menor (34 máis que na sesión anterior); 72 de vacún mediano (+6 animais) e 160 de vacún grande (+ 4 reses).

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as clases e categorías desta carne.

Máis información

– Táboa completa dos prezos de Amio (26-VIN-2024)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información