Estabilidade nos prezos do gando que concorreu ao Mercado de Amio

Estabilidade nos prezos do gando que concorreu ao Mercado de Amio

Os prezos do gando que concorreu á sesión de hoxe do Mercado de Amio mantéñense como na sesión anterior, a pesar de que se aprecia unha tendencia á baixa nos do gando de recría da raza cruce industrial cor.

Pola contra, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,03 euros os prezos de todas as categorías e calidades desta carne.

Finalmente, os datos de asistencia baixan, chegando ás 1.318 reses, 592 menos que na sesión do 12 de marzo. En detalle, houbo 1.150 cabezas de vacún menor (546 menos que na semana pasada); 40 de vacún mediano (-9) e 128 de vacún grande (-37).

Máis información

– Táboa completa de cotizacións (19-III-2025)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información