Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio mantéñense igual que na sesión anterior, cunha tendencia á baixa nos do vacún maior das clases O e P.
En canto á asistencia de gando, na sesión de hoxe pasaron polo recinto 1.583 reses, 135 máis que o pasado mércores. En detalle, asistiron 1.377 cabezas de vacún menor (154 máis que o 15 de maio); 72 de vacún mediano (-7) e 134 de vacún grande (-12).
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (22-V-2024)