Estabilidade nos prezos do gando en Amio e en Ternera Gallega na apertura do ano

A cita dos mércores do Mercado de Amio, en Santiago de Compostela, celebrouse hoxe con normalidade, tralo parón motivado polas festas de Nadal.

A asistencia foi boa: 1.902 reses, 229 máis que a do pasado 17 de decembro.

En detalle, concorreron 1.734 cabezas de vacún menor (238 máis que na sesión anterior); 46 de vacún mediano (16 animais menos) e 122 de vacún grande (7 reses máis que na última sesión).

Dunha enquisa entre as persoas usuarias do mercado despréndese que se manteñen os prezos para todas as categorías en relación á última sesión.

Pola súa parte, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade manter os prezos de todas as canais de ambas as categorías, Suprema e Tenreira.

Captura de pantalla 2026-01-07 160855 Captura de pantalla 2026-01-07 160807 Captura de pantalla 2026-01-07 160838 Captura de pantalla 2026-01-07 160847

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información