Estabilidade nos prezos do vacún e suba dos leitóns en Silleda

O prezo dos becerros e do vacún maior mantense estable. Baixa o porco cebado e soben os leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 22 de setembro

Estabilidade nos prezos do vacún e suba dos leitóns en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola tendencia á estabilidade nos prezos do vacún, tanto dos xatos de recría como no vacún maior.

Así, nos tenreiros de Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 106 euros; a 125 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 143 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 114, 122 e 132 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruzamento industrial, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 319 euros; a 328 € os de 21 a 50 días, e a 450 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 304, 308 e 403 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos tamén se mantiveron sen grandes cambios; en Categoría Primeira pasaron de 1.089 euros a 1.073 €, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, mantivéronse en 698 € de prezo medio. As vacas de desvelle pagáronse a unha media de 430 euros de media, tres máis que a pasada semana.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACION_VACUN_SILLEDA_22_09_2005

Estabilidade en ovos e coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da semana pasada. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,57 € para os XL; 1,35 € a ducia para a categoría E; 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, o prezo su% ata os 1,60 €/kilo.

Baixada no porco cebado e suba do leitón

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,02% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,026% na Canle II. Pola contra, en Europa, en Dinamarca e en Alemaña os prezos mantivéronse sen cambios.

En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos, nesta ocasión un 1,5%, de xeito que quedaron nos 24,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 29,5 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACION_PORCINO_SILLEDA_22_09_2005

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información