Estabilidade nos prezos de tenreiros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e dos ovos. Os leitóns soben un 2%. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 512de xaneiro.

Estabilidade nos prezos de tenreiros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse polas lixeiras oscilacións nos prezos dos tenreiros de recría, cun pequeno repunte dos de Cruzamento Industrial.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 59 euros, fronte aos do pasado martes. Con todo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 98 euros por xato, fronte aos 99 da semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 126 euros de media por animal fronte aos 133 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi máis claramente á alza de prezos, excepto nos de máis de 51 días, que se pagaron a unha media de 451 euros, fronte aos 469 do pasado martes. Pola contra, os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 386 e a 358 euros os de menos de 20 días. A pasada semana os prezos foron de 372 e 173 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables cunha lixeira subida: 1.048 euros de media en categoría primeira, 715 en segunda e 442 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.040, 703 e 447 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_vacun_12_1_16

Ovos sen cambios e coello á baixa

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: as categorías XL e S quedaron en 1,53 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L quedou nos 1,36 euros e a ducia dos de clase M en 1,25 €.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos baixaron un 0,01% ata os 1,50 €/quilo.

O porco cebado mantense estable e soben os leitóns

A mesa de prezos acordou hoxe manter as cotizacións da semana pasada: 0,895 euros por quilo en selecto e 0,870 en categoría normal, mentres que a canle II quedou en 1,130. Con todo en Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos subiron un 0,03% ata os 1,28 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos, desta vez un 2%. Deste xeito quedaron nos 36 euros os procedentes de varias explotacións e nos 41 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_PORCINO_12_1_16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información