As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola estabilidade nos prezos dos tenreiros de recría, cunha lixeira suba nos de raza Frisona e unha leve caída nos de Cruce Industrial. Os prezos do vacún maior experimentaron unha lixeira baixada.
Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 81 euros, fronte aos 75 do pasado martes. Con todo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 98 euros por xato, un euro máis que a semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 134 euros de media por animal fronte aos 142 do pasado martes.
Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi á baixa. Así, nos machos de 21 a 50 días, o prezo medio foi de 365 euros, fronte aos 371 do pasado martes. Nos de menos de 20 días o prezo medio foi de 277 euros e nos de máis de 51 situouse esta xornada nos 453. A pasada semana os prezos foron de 330 e 465 €, respectivamente.
No vacún maior os prezos caeron lixeiramente. Deste xeito quedaron en 1.016 euros de media en categoría primeira, 708 en segunda e 443 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.066, 727 e 446 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron da seguinte maneira:
Ovos á baixa
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha nova baixada de prezos en todas as categorías: a ducia de XL baixou un 0,020% ata os 1,15 euros; a L quedou nos 1,05 euros a ducia; a categoría M caeu ata os 0,95 euros mentres que para a S acordouse 0,85 euros por ducia de ovos, tanto brancos como mouros.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,30 €/quilo.
Soben o porco cebado e os leitóns
A mesa de prezos acordou hoxe subir as cotizacións do porco cebado. Deste xeito, a categoría Selecta sube un 0,01% ata os 0,935 euros por kilo; idéntica suba se acordou para a categoría normal, que se sitúa nos 0,91 euros por kilo, mentres que para o Canal II a suba acordada foi do 0,013%, ata os 1,182 euros por kilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,31 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea os prezos subiron lixeiramente ou permaneceron estables.
En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos, desta vez un 2,5%. Deste xeito quedaron nos 43 euros os procedentes de varias explotacións e nos 48 euros os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira: