Estabilidade nos becerros de recría de Frisón e baixada nos de cruce

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e baixar a dos leitóns. Soben os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 8 de marzo

Estabilidade nos becerros de recría de Frisón e baixada nos de cruce

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola lixeira suba dos becerros de recría de raza Frisona, mentres que os de cruce industrial experimentaron unha caída. O vacún maior mantivo as cotizacións estables.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 101 euros, igual que o pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 117 euros por xato, un mais que a semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 130 euros de media por animal fronte aos 119 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruce industrial a tendencia foi á baixa nos xatos de menos de 20 días: 211 euros de media por animal fronte aos 240 da pasada semana. Na categoría máis numerosa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 311 euros, fronte aos 356 do pasado martes. Nos becerros de máis de 51 situouse o prezo medio esta xornada nos 410 euros fronte aos 415 da anterior sesión.

No vacún maior as oscilacións foron máis irregulares. Deste xeito quedaron en 1.047 euros de media en categoría primeira, 707 en segunda -a máis numerosa- e 430 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.071, 704 e 436 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_SILLEDA_VACUN_8_MARZO

Ovos á alza

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis subir os seus prezos: un 0,01% para a categoría XL, que quedou en 1,17 euros; un 0,02% para a L ata os 1,11 euros por ducia; un 0,03% para M ata os 1,08 euros e un 0,02% para a S que quedou nos 0,95 euros.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos seguen nos 1,40 €/quilo.

Estabilidade no porco cebado e baixada nos leitóns

Ao igual que a pasada semana, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións do porco cebado. Deste xeito, a categoría Selecta quedou nos 0,940 euros por kilo; a normal nos 0,915 euros por kilo, mentres que o Canal II quedou en 1,188 euros por kilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,24 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse a primeira baixada do ano: un 4% menos. Deste xeito quedaron nos 40 euros os procedentes de varias explotacións e nos 45 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_SILLEDA_PORCINO_8_MARZO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información