As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola lixeira estabilidade, tanto nos becerros de recría como no vacún maior, os principais mercados da feira.
Así, nos becerros para recría de raza Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 128 euros; a 151 € os de 21 a 50 días, e a 165 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 137, 152 e 151 €, respectivamente.
En canto aos becerros de recría de cruce industrial, mantivéronse estables os de menos de 20 días, subiron os de 21 a 50 días de 322 a 337 euros, mentres que os machos de máis de 51 días, baixaron de 483 a 401 €.
As cotizacións quedaron do seguinte xeito:
Sen cambios nos ovos
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da semana pasada. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,49 € para os XL; 1,36 € a ducia para a categoría L; 1,18 para a M, e 1,03 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións seguen nos 1,40 €/kilo.
Estabilidade no porco cebado e baixada no leitón
En porcino, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da pasada semana. Nos principais mercados europeos os prezos cotizaron á baixa, con descensos do 0,03 % en Dinamarca, ou mantivéronse estables como en Alemaña ou en Holanda.
En canto aos leitóns acordouse baixar os prezos un 1%, quedando nos 29 euros os procedentes de varias explotacións e nos 34 euros os procedentes dunha única explotación.
As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito: