Estabilidade nas cotizacións do gando de recría e de Ternera Gallega

A mesa de prezos de Amio mantén sen cambios os prezos de ambas categorías por terceira semana consecutiva. En abasto, decídese unha lixeira baixada

Por terceira semana consecutiva, as mesas de prezos de Amio manteñen sen cambios as cotizacións do gando da recría e da IXP Ternera Gallega. En gando de abasto, acordouse unha baixada de 5 céntimos nas categorías U, R, O e P das becerras e becerros de entre 181 e 220 quilos, en peso canal. Tamén baixan eses 5 céntimos as mesmas categorías, salvo a P, no peso entre 221 e 250 quilos. En vacún maior mantéñense as cotizacións.

De cara a vindeiras semanas, en Ternera Gallega os vogais da mesa de prezos coincidiron en apreciar certo dinamismo na saída da calidade suprema, o que podería permitir unha suba de prezos se o o consumo tende á alza.

A asistencia de gando a Amio foi de 2.515 reses, 811 máis que o pasado 9 de decembro. Houbo 1.894 cabezas de vacún menor (640 máis que na anterior sesión), 327 de vacún mediano (108 máis) e 269 de vacún maior (61 máis).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (16-12-2015)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información