Estabilidade de prezos en gando de abasto e variacións en recría

As mesas de prezos de Amio acordaron manter as cotizacións en Ternera Gallega e no gando de abasto, en tanto nos animais de recría rexistráronse variacións á alza e á baixa. Soben 5 euros os xatos de rubia galega e de cruces de calidades extra e boa, tanto en femias como en machos, nas categorías de descostrados e lactantes; en tanto baixan 5 euros os prezos de todas as calidades e tipos dos machos frisóns.

A estabilidade de prezos mantense en Ternera Gallega por segunda semana consecutiva, logo de varias semanas caracterizadas por unha lixeira recuperación das cotizacións.

En canto á asistencia de gando á feira, na sesión desta semana houbo 1.868 reses, 213 menos que o pasado 28 de outubro: 1.326 cabezas de vacún menor, 283 de vacún mediano e 232 de vacún grande.

Táboa completa das cotizacións de Amio (4-11-2015)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información