Estabilidade de prezos en Amio

Gando de recría, vacún maior e Ternera Gallega manteñen as cotizacións da anterior sesión

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana manter as mesmas cotizacións da pasada sesión. Non houbo cambios nin na IXP Ternera Gallega nin na Mesa de Prezos de Abasto, onde se decidiu repetir valores tanto en gando de recría como en abasto e en vacún maior.

Os vogais da Mesa de Abasto coincidiron, sen embargo, á hora de apreciar lentitude nos tratos e tendencia á baixa nos prezos das clasificacións O2, O1 e P do vacún maior, que así e todo mantívose sen cambios.

En canto á asistencia de gando á feira de hoxe, houbo 2.136 reses, 350 máis que a pasada semana de ponte. Houbo 1.538 cabezas de vacún menor, 306 de vacún mediano e 277 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións do mercado de Amio (14-XII-2016).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información