Estabilidade das cotizacións marcadas en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron esta semana a continuidade sen cambios das cotizacións de todo tipo e calidades de gando. Na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, decidiuse por maioría de votos manter como na sesión anterior todos os valores, en tanto na Mesa de Prezos de Abasto aprobouse por unanimidade a repetición de cotizacións en gando de recría, becerros para sacrificio e vacún maior.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.286 reses, 57 menos que a pasada semana. Houbo 1.752 cabezas de vacún menor, 253 de vacún mediano e 274 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (15-XI-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información