Esta semana celébrase a primeira Mostra Internacional de Viños da Biodiversidade

O Concello de Castrelo e o SLG ultiman unha nova edición de Viño Diversidade coa novidade dunha mostra internacional, que se celebrarán do 19 ao 21 de novembro

Publicidade
Esta semana celébrase a primeira Mostra Internacional de Viños da Biodiversidade

O Sindicato Labrego Galego e o Concello de Castrelo de Miño están ultimando a oitava edición das xornadas Viño Diversidade, que se celebrarán do 19 ao 21 de novembro e que, desta vez, terán como principal novidade a celebración da primeira Mostra Internacional de Viños da Biodiversidade, aberta a persoas non inscritas na parte formativa.

A mostra terá lugar nos salóns do parque náutico de Castrelo o sábado, 21 de novembro. Para acceder a ela e catar os caldos das 26 adegas inscritas nas xornadas -da Galiza, A Rioxa e Portugal- haberá que pagar unha entrada de 5 euros.

Como en pasadas edicións, a parte formativa ocupará o groso do evento, os días 19 e 20, e estará centrada en diversos aspectos da viticultura ecolóxica e biodinámica. Con tódalas prazas cubertas dende hai días, as aulas terán lugar no auditorio do Concello de Castrelo e nos viñedos, e correrán ao cargo de André Rodrigues Henriques da Silva, enxeñeiro agrónomo da Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Biodinámica e Biolóxica de Portugal.

Axudarán nos labores docentes o asesor en viticultura rexenerativa e enoloxía, Pablo Ortigueira Sánchez; e o responsable da Dirección do Viño do SLG e viticultor no Ribeiro, Bernardo Estévez.

Máis información e programa das xornadas nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información