Esta fin de semana celébrase a Festa do Queixo de San Simón da Costa

queixos_san_simon_da_costa_01_standarOs amantes do queixo poderán gozar durante durante esta fin de semana, días 5 e 6 de Abril, da XXIX Festa do Queixo de San Simón da Costa, que terá lugar no concello lugués de Vilalba.

Está previsto que participen unhas 25 queixerías e que as pezas se vendan entre 10 e 20 euros, dependendo do tamaño. Daniel Pérez, presidente da Denominación de Orixe San Simón da Costa, estima que cada ano producen unhas 600.000 unidades de queixo que chegan a calquera parte do mundo como Vietnam ou Xapón.

Programa:

Sábado 5

11.00 horas. Apertura da feira
12.30 horas. Cata comentada de queixo de San Simón da Costa con Salomé Beiroa e de torta de queixo con Eduardo Balsa
13.00 horas. Actuación do grupo da Asociación Cultural Andrade
16.00 horas. Obradoiro de cociña infantil
18.30 horas. Pregón, a cargo do actor Carlos Blanco, e entrega de premios do roteiro de BTT San Simón da Costa
20.30 horas. Monólogo do actor Carlos Blanco (Auditorio Municipal)
22.00 horas. Concerto de De Ninghures (praza de Santa María)
23.00 horas. Concerto de Fillas de Cassandra (praza de Santa María)

Domingo 6

10.00 horas. Apertura da feira
12.30 horas. Actuación da Banda de Gaitas Mato Vizoso
17.00 horas. Baile, amenizado polo dúo Hora Bruja (Centro Cultural e Recreativo)

Programa feira Do Queixo de San Simón

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información