España reduce un 50% o déficit da súa balanza comercial de lácteos

As exportacións aumentaron no último ano un 24%, en tanto as importacións caeron un 3,6%, segundo os datos do Ministerio de Agricultura. Nata a granel, queixos e manteiga, os produtos máis vendidos ao exterior

España reduce un 50% o déficit da súa balanza comercial de lácteos

As exportacións (primeira columna) aumentaron un 24%, en tanto baixaron as importacións (segunda columna).

En España consúmese máis leite do que se produce, o que obrigou tradicionalmente a manter un significativo volume de importacións. O déficit español, sen embargo, semella estar reducíndose. Durante o último ano, a balanza comercial de produtos lácteos pasou de rexistrar unha diferencia entre importacións e exportacións de 1,3 millóns de toneladas a pouco máis de 600.000, segundo os datos do Ministerio de Agricultura.

O cambio vén dado sobre todo por un incremento das exportacións dun 24% no último ano, pasando de 2,2 a 2,7 millóns de toneladas. As importacións baixaron no mesmo periodo (marzo 2016-febreiro 2017) un 3%, pasando de 3,5 a 3,4 millóns de toneladas.

Produtos máis exportados e importados
Os produtos máis destacados nas vendas españolas ao exterior son a nata líquida en granel (43%), os queixos (21%) e a manteiga (17%). Os destinos máis habituais das exportacións son outros estados membros, sobre todo os máis próximos (Francia, Portugal, Reino Unido, Italia). Entre os destinos non comunitarios, destaca a exportación de queixos a Estados Unidos e de leite en po desnatada a México.

En importacións, destacan os queixos (51%), seguidos do leite en po (16%) e da manteiga (13%). A orixe das importacións é principalmente comunitaria e destacan Francia, Alemania, Países Baixos, Dinamarca e Portugal.

Consumo aparente
A parte negativa dos datos é que a mellora da balanza comercial vén acompañada dunha baixada do consumo aparente en España, pois o aumento da produción no periodo marzo 2016 – febreiro 2017 é insignificante, por baixo das 30.000 toneladas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información