España prevé aumentar nun 20% o número de apicultores nos próximos 3 anos

España prevé aumentar nun 20% o número de apicultores nos próximos 3 anos

España prevé aumentar nun 20% o número de apicultores de aquí ao 2022, até chegar a preto de 29.000, fronte aos 24.000 actuais, segundo consta no programa apícola nacional que o Ministerio de Agricultura presentou á Comisión Europea.

O número de colmeas e apicultores da UE incrementouse ao longo dos anos, o que se traduciu nun aumento da produción de mel da UE cifrado no 16 % entre 2014 e 2018. Esta é unha das principais conclusións do informe sobre a aplicación dos programas apícolas da UE, publicado esta semana pola Comisión Europea.

Con 17,5 millóns de colmeas na UE, mantidas por 650 000 apicultores, a UE produciu 280 000 toneladas de mel en 2018, o que converte á Unión Europea no segundo produtor mundial, por detrás de China. A apicultura practícase en todos os Estados membros e a Unión Europea é o segundo maior produtor de mel do mundo.

Porén, a UE produce só o 60% do mel que consome, tendo que importar o resto fundamentalmente de China (40% das importacións europeas de mel) e de Ucraína (20% do total). Neste sentido, a Comisión Europea márcase como obxectivo seguir incrementando a produción de mel para ser autosuficientes e tamén polos importantes servizos ambientais que prestan as abellas.

Así, o comisario de Agricultura Janusz Wojciechowski destaca que «o sector apícola é fundamental para a agricultura e a biodiversidade en xeral. Debemos alentar aos apicultores de toda a UE, polo que subscribo plenamente o aumento do financiamento da UE para o próximo programa apícola de tres anos de 120 a 180 millóns de euros, no marco da proposta da Comisión sobre o próximo orzamento agrícola».

O número de colmeas aumenta en case todos os países da Unión Europea:colmeas UE Comision UE MEL 1

España é o país líder en produción na UE e tamén o que máis aumentou a súa cabana apícola no período 2014-2018:

colmeas UE Comision UE MEL 2

Con todo, Alemaña é o país europeo con máis apicultores, seguido de Polonia e da República Checa:

colmeas UE Comision UE MEL 3

Media de colmeas por apicultor:

Grecia, España e Romanía cos países da UE con máis colmeas por apicultor, ao redor de 100, síntoma dun sector máis profesionalizado:colmeas UE Comision UE MEL 4

A UE aumenta a 40 millóns os fondos para a apicultura no período 2020-2022

A UE cofinancia programas apícolas que se formulan a nivel nacional en cooperación co sector, co obxecto de mellorar as condicións da apicultura e a comercialización dos seus produtos. Os programas teñen unha duración de tres anos e, durante o período 2017-2019, púxose a disposición unha contribución anual da UE de 36 millóns de euros, que se duplica con fondos nacionais. No período 2020-2022, a contribución anual da UE aumentou de 36 millóns a 40 millóns de euros. O orzamento asignado a cada Estado membro baséase no número de colmeas notificadas á UE.

En 2018, entre o oito medidas subvencionables con cargo aos programas apícolas, as que recibiron maior financiamento, equivalente a case o 60 %, foron a asistencia técnica (por exemplo, formación, axudas á adquisición de equipos técnicos, axudas aos mozos apicultores) e a loita contra os invasores de colmeas. A repoboación de colmeas e as axudas á xestión do traslado de colmeas durante o período de floración representaron máis do 30 % do orzamento combinado. Outras medidas destináronse á investigación aplicada, as análises de produtos apícolas, a mellora dos produtos e o seguimento do mercado.

No relativo ás propostas da PAC posterior a 2020, a Comisión propuxo incluír os programas apícolas nos plans estratéxicos da política agrícola común (PAC). Estes plans, formulados a nivel nacional, establecen o modo en que cada Estado membro ten previsto cumprir os obxectivos da PAC. Isto aumentará a visibilidade do sector apícola, garantindo ao mesmo tempo a súa contribución aos obxectivos xerais da PAC, incluída a acción polo clima.

Os programas tamén serán obrigatorios para os Estados membros a fin de garantir unha absorción e un apoio permanentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información