España foi o único país da Unión Europea no que baixou o prezo do leite aos produtores no 2024

España foi o único país da Unión Europea no que baixou o prezo do leite pago pola industria aos gandeiros ao longo de 2024.

Así se desprende dos datos publicados este xoves polo Observatorio do Sector Lácteo da Comisión Europea. No informe conclúese que o prezo medio pagado en novembro ás ganderías españolas foi un 6% inferior ao mesmo mes de 2023.

PREZOS LEITE UE 2024

Pola contra, no resto de estados membros a suba media interanual do prezo pagado ao productor foi do 17%, liderando os incrementos Holanda ou Irlanda, cun 31 e un 46% máis respectivamente. No caso de Portugal a suba foi do 2% e en Francia do 5%.

Deste xeito, e cos datos provisionais de decembro, o prezo medio do leite na Unión Europea corrixido segundo o seu contido real de graxa e de proteína foi de 0,538 euros o litro, mentres que en España quedou nos 0,477; é dicir, 6 céntimos menos. Só Portugal e algúns países do leste rexistran prezos inferiores. En Francia a media en decembro situouse nos 0,505 euros o litro, en Alemaña nos 0,5465 e en Bélxica nos 0,5472 euros.

PREZOS LEITE UE 2024 estados

Descarga aquí o informe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información