España foi o único estado da Unión Europea no que baixou o prezo do leite no primeiro trimestre do ano en relación ao mesmo período de 2024. Así se desprende da información publicada esta semana polo Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea.
En concreto, en marzo deste ano os prezos do leite en España foron dunha media de 0,482 euros por litro, un 3% menos que no mesmo mes de 2024. Pola contra, na media da Unión Europea o prezo foi de 0,529 euros o litro, un 15% máis que hai un ano.
Deste xeito, España ocupa os postos de cola da Unión Europea en prezos do leite: É o cuarto no que os gandeiros menos cobran, só por detrás de Eslovaquia, Romanía e Portugal.

Mellora dos beneficios das ganderías de vacún de leite no cuarto trimestre de 2024
Polo demáis, o Observatorio do Sector Lácteo da Comisión Europea tamén publicou os resultados de marxes brutas das ganderías de vacún de leite no cuarto trimestre do ano pasado, calculadas como a diferenza entre os costes operativos (alimentación, enerxía, salarios) e o prezo medio do leite.
A situación mellorou notablemente no cuarto trimmestre ao subir o prezo do leite bastante máis que os custos de produción, dando como resultado un incremento medio das marxes brutas do 21%

Informe marxes
Informe prezos do leite
Galego









Control OJD