España, entre os grandes produtores da UE nos que máis aumentan as entregas de leite en 2024

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea (MMO polas súas siglas en inglés), acaba de publicar un informe sobre a evolución das entregas de leite na UE no que vai de ano.

En concreto, entre xaneiro e abril -os últimos datos oficiais dispoñibles- as entregas de leite incrementáronse un 1% respecto ao mesmo período de 2023. Os maiores incrementos na produción de leite están a rexistrarse con diferenza nos países do leste, con menos restricións e maior dispoñibilidade de base territorial (+4,1% en Polonia ou +6,4% en Lituania).

mapa entregas leche UE 2024 primer cuatrimestre 2

Entre os grandes produtores da Unión Europea a tendencia é de estancamento ou mesmo redución da produción polas limitacións ambientais: En Alemaña a produción baixou un 0,5%, en Holanda un 2% e en Dinamarca un 0,7%. En Francia sobe un 0,5% despois de caer un 1,6% en 2023.

En España as entregas de leite entre xaneiro e abril increméntanse un 1,3% respecto ao mesmo período do ano pasado, mentres que en Portugal caeron un 0,5%.

En canto á evolución da produción de derivados lácteos no que vai de 2024, o informe do Observatorio Lácteo destaca que entre xaneiro e abril incrementouse a elaboración na Unión Europea de sobremesas lácteas (+5.1%), queixo (+4.3%), leite condensado (+4.8%), nata (+5.3%) e de leite líquido envasado (+1.7%), mentres que descendeu a elaboración de manteiga (-2.7%), leite en po desnatado (-2.5%) e leite en po enteiro (-0.3%).

Descarga aquí o informe do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

mapa entregas leche UE 2024 primer cuatrimestre

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información