España é un dos poucos estados da UE que aumentou a produción de leite no primeiro semestre

España é un dos poucos estados da UE que aumentou a produción de leite no primeiro semestre

A produción de leite en España aumentou un 0,9% no primeiro semestre.

España foi un dos poucos países que durante o primeiro semestre do ano incrementou a súa produción de leite con respecto ao mesmo período do pasado ano.

Así, segundo se recolle no último informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea, entre xaneiro e xuño deste ano a produción láctea da UE descendeu un 1% con respecto ao mesmo período de 2016.

Sen embargo, a recollida de leite incrementouse en países como España, cun 0,9% máis, e sobre todo en Irlanda (6,6% máis) e países do Leste como Polonia (+4,1%), Rumanía (+4,7%) ou Bulgaria (+7,5%).

Pola contra, a produción de leite de vaca descendeu nos principais produtores da Unión Europea: Francia (-2,8%), Alemaña(-3,2%) e Holanda(-1,7%).

PRODUCION_LEITE_UE_1_2017

Segue subindo o prezo da manteiga

En canto aos prezos, nas últimas poxas de cisternas de leite spot os prezos seguiron subindo en Italia ata os 43,8 euros por 100 kilos, mentres que en Holanda mantivéronse estables con respecto á pasada subaste de agosto; é dicir, nos 43,5 euros.

E se analizamos os prezos dos derivados lácteos do mercado internacional (commodities) as poxas do 20 de agosto volveron supor unha suba para a manteiga na Unión Europea, que acada os 7.026 euros por tonelada, un 2,7% máis que na anterior subasta. En Oceanía tamén segue á alza, neste acaso un 3,3% máis, ata os 6.175 euros tonelada, mentres que en Estados Unidos as cotizacións da manteiga caeron a pasada semana un 1,8%, quedando en 5.875 euros.

No resto de materias primas, o leite en pó enteiro segue igual na UE, en 3.588 euros a tonelada; baixa un 0,8% en Oceanía, ata os 3.200 euros e, pola contra, en Estados Unidos subiu na última poxa un 5% ata os 3.472 euros a toneladas. No leite en pó desnatado rexistráronse descensos en todos os principais produtores: un -0,6% na Unión Europea, ata os 2.107 euros a tonelada; un -1,9% en Oceanía, onde quedou en 1.975 euros por ton, e en Estados Unidos baixou un 2,4%, situándose en 1.858 euros.

Sen embargo, no queixo Cheddar houbo unha lixeira suba esta última semana tanto na Unión Europea (+0,4%, ata os 4.187 euros), como en Oceanía (+0,3%, ata os 4.0137 euros) mentres que en Estados Unidos experimentou unha leve caída (-0,1%, ata os 3.838 euros).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información