Foro en Monterrei sobre os lagares rupestres

Verín, Oímbra e Monterrei acollen do 7 ó 9 de setembro o II Foro Hispano-Luso de Lagares Rupestres, o único evento sobre estos restos arqueolóxicos que se celebra en España. Nesta cita crearán unha Carta Europea de localización dos lagares rupestres existentes

Publicidade
Foro en Monterrei sobre os lagares rupestres

Luis Paadin xunto ós restos dun antigo lagar rupestre.

Verín, Oímbra e Monterrei acollerán os días 7, 8 e 9 de setembro o II Foro Hispano -Luso de Lagares Rupestres, o único evento destas características que se celebra en España sobre a cultura milenaria de produción de viño na Península Ibérica. Esta segunda edición do foro permitirá a creación da ‘Federación de Asociaciones en defensa y divulgación de los Lagares Rupestres de todos los países de la cuenca del Mediterráneo’. Será un órgano que aglutinará un amplo territorio que conta con máis de mil exemplares identificados, o que evidencia que a produción de viño é culturalmente identitaria desta área europea.

Ademais, neste foro tamén se propón a creación dunha Carta Europea de localización dos lagares rupestres existentes nos diferentes países. Estes esforzos están encamiñados á declaración destes espazos como Patrimonio Cultural Europeo. No caso de España potenciarán a protección destes restos arqueolóxicos para que sexan identificados e considerados Bens de Interese Cultural.

Crearase unha federación de colectivos en defens e divulgación dos lagares rupestres

No encontro tamén se estudiarán as posibilidades de desenvolvemento de diferentes actividades para impulsar a actividade económica das localidades onde se localizan estes restos, que son referentes turísticos e culturais. Cómpre ter presente que en moitos casos, estes lagares teñen máis de 2.000 anos de antigüidade e avalan a existencia da cultura do viño na península.

O foro, que se levará a cabo na DO de Monterrei, a rexión vinícola de Galicia con maior número de lagares rupestres, pretende continuar e impulsar o compromiso recollido no manifesto de San Esteban de la Sierra (Salamanca). Naquel primeiro encontro celebrado no mes de febreiro, unha vintena de especialistas de distintas disciplinas e procedentes de diferentes zonas de España e Portugal, acordaron a identificación, protección e divulgación deste tipo de xacemento arqueolóxico.

No encontro participarán numerosos arqueólogos, historiadores, antropólogos, enólogos e etnógrafos procedentes de distintos puntos de España e Portugal. O evento, promovido por Turismo de Galicia, está dirixido polo sumiller Luis Paadín, coautor de As pedras que facían viño, o primeiro estudo sobre os lagares rupestres de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información