Esgótanse nunha hora os fondos do Plan Renove para maquinaria, pero quedan axudas para aplicadores de xurros

A organización Unión de Uniones pide que o Ministerio habilite máis fondos, pois xa se completaron os 2,55 millóns de euros previstos no Plan e hai peticións por 3,8 millóns adicionais

Esgótanse nunha hora os fondos do Plan Renove para maquinaria, pero quedan axudas para aplicadores de xurros

O Plan Renove de maquinaria agrícola, que abría hoxe o seu prazo de solicitude, espertou gran interese no agro, pois en menos dunha hora xa había solicitudes por importe de 2,55 millóns de euros para a liña de maquinaría agrícola. Ese era o importe total de apoios previsto no Plan, así que, dado que se trata dunha convocatoria de concorrencia non competitiva, tódalas peticións que entran a continuación serán rexeitadas, salvo que algunha das anteriores renuncie ou incumpra os requisitos.

No que vai de xornada, unha vez esgotados os fondos, xa se presentaron solicitudes por importe de 3,8 millóns de euros adicionais.

Liña para xurros
En cambio, a outra liña do Plan Renove, a de cisternas e equipos localizadores de xurros, que estaba dotada de 4 millóns de euros, sumaba ó mediodía de hoxe 237.000 euros de solicitudes, polo que aínda hai marxe para presentarse á convocatoria.

Reaccións
Desde Unión de Uniones veñen de emitir unha nota de prensa na que solicitan que o Ministerio de Agricultura habilite máis fondos para a liña de maquinaria agrícola. A organización agraria amósase ademais en contra a que esta convocatoria se resolva por orde de presentación da solicitude, en lugar de priorizar ós agricultores profesionais e ás explotacións prioritarias.

“En anos pasados, pasou o mesmo, aínda que no 2020 os fondos esgotáronse en 4 horas, non nunha hora”, lembran desde o colectivo, que presentou no seu día alegacións á convocatoria prevista polo Ministerio. “Este modo de proceder pode xerar ademais gran desigualdade no reparto territorial das axudas, ó ser o máis rápido e o que mellor conexión teña o que consiga rexistrar a solicitude e o que se leve a subvención”, critican.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información