Esgótanse nunha hora as axudas da Xunta para instalar caldeiras de biomasa

Esgótanse nunha hora as axudas da Xunta para instalar caldeiras de biomasa

A Xunta abriu onte pola mañá o prazo de solicitude para a implantación de proxectos de biomasa nos fogares galegos, o que permitirá un aforro anual, nas facturas enerxéticas, de 360.000 euros.

Sen embargo, é tal a demanda que nunha hora recibiron 500 solicitudes coas que se cubriron os 1,5M€ de orzamento das axudas, de forma que as solicitudes que están entrando nestes momentos están pasando a lista de agarda.

Con estas axudas a Xunta prevé mobilizar 3,75 millóns de euros no sector, conseguir aforros enerxéticos de 9000 MWh e impulsar a creación de 37 empregos, ademais de reducir as emisións de CO2 en 2700 toneladas ao ano, o equivalente á plantación de 135.000 árbores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información