
Gama de equipos para ensilado forraxeiro da marca alemá Krone
A marca alemá Krone, unha das referencias en maquinaria para recollida de forraxe, presenta unha ampla gama de solucións de cara á campaña de ensilado de herba desta primavera.
A necesidade de facer un ou máis cortes nun breve espazo de tempo, condicionado moitas veces pola climatoloxía e pola necesidade de labrar despois o millo, está a levar ás explotacións a apostar por máquinas máis eficientes, capaces de axilizar os traballos e obter un maior rendemento por hectárea.
“As campañas de ensilado de herba son sempre moi curtas, porque sempre pode chover e porque hai que preparar despois as terras para botar cedo o millo, por iso a tendencia é ir a equipos cada vez máis grandes, en función do caballaje do tractor, para facer o traballo agrario en menos tempo, reducindo as horas e tamén o gasto”, explica José Ángel Millares, xerente da empresa lucense de maquinaria agrícola Millares Torrón SL, que ten representación de Krone, entre outras marcas.
A necesidade de recoller o forraxe en pouco tempo está levando ás granxas a apostar por equipos cada vez máis grandes
O fabricante alemán dispón dunha máquina axeitada para cada uso e tipo de explotación, con máis de 240 modelos en carteira de segadoras de discos, rastrillos hileradores, rotoempacadoras e encintadoras, ademais de picadoras de forraxe e remolques de transporte.
“En segadoras o que máis se está vendendo son combinacións triples, con mariposa atrás e frontal central diante, chegando a 9-10 metros de anchura de sega en cada pasada, rastrillos hileradores de até 6 rotores e 20 metros e rotoempacadoras de cámara variable”, detalla José Ángel.
Segadoras de mariposa EasyCut B 950 Collect

Segadora de mariposa Krone de 10 metros enganchada a un tractor JCB Fastrac iCON de 330 CV
En combinación cunha segadora frontal, a segadora tripla é capaz de lograr un rendemento por superficie de ata 14 ha/hora cunha anchura de traballo de 9,45 metros. Se queremos prescindir dun acondicionador, o peso é máis lixeiro, de xeito que a combinación de sega de estrutura compacta pode empregarse mesmo con tractores a partir dunha potencia de aproximadamente 180 cabalos cun consumo de combustible relativamente baixo.
Cun peso máis lixeiro que as segadoras con acondicionador, pode usarse con tractores a partir de 180 cabalos
Desta forma, a EasyCut B 950 Collect é ideal para segar en terreos menos firmes ou mesmo en pendentes. Grazas ás cintas agrupadoras de hileras, pódese colleitar de forma eficiente materiais cunha grande cantidade de forraxe.
O parafuso senfín e a barra segadora EasyCut B950 dispóñense en paralelo para permitir cordóns de herba de gran volume, xa que o sistema hidráulico de apertura e peche da hilera permite seleccionar entre tres modos de depósito en función da anchura que queiramos acadar.
A segadora EasyCut B 1050 Eb 950 de Krone desenvolve un novo concepto de manexo ISOBUS
O manexo da máquina pode levarse a cabo de forma intuitiva a través do terminal ISOBUS do tractor. Deste xeito, a segadora frontal intégrase por completo no manexo da combinación de sega.
Coa EasyCut B 1050 Eb 950 Collect, Krone demostrou unha vez máis a súa notable capacidade de innovación e a súa orientación ao cliente para afrontar con eles os desafíos da agricultura moderna.
Rotoempacadoras VariPack

As rotoempacadoras de cámara variable VariPack poden incorporar pinzas de suxección do rolo
As rotoempacadoras de cámara variable VariPack son coñecidas pola alta densidade no empacado e polo seu máximo rendemento. Tamén destacan pola rápida expulsión do rolo, xa que a comporta traseira pode abrirse e pecharse en menos de cinco segundos. Ademais, ofrece a posibilidade de incorporar unha pinza que suxeita o rolo ao pousalo no chan para evitar que role en terreos con pendente.
A Krone Varipack é unha máquina profesional para clientes esixentes
As rotoempacadoras VariPack caracterízanse pola súa tecnoloxía sinxela, sen excéntrica e con poucas pezas móbiles, o que reduce os desgastes, as avarías e os mantementos. Grazas á súa accesibilidade, é extremadamente doada de manter, con lubricación central para os coxinetes e automática para as cadeas, o que reduce ao mínimo o tempo necesario.
O diámetro de paca regulable electronicamente desde 0,80 a 1,65 metros ou mesmo 1,90 metros no modelo 190 XC Plus fai que o diámetro da paca poida axustarse de maneira totalmente variable en escalóns de 1 cm para adaptar o tamaño dos rolos á finalidade de uso que van ter.
CONTACTO:
Millares Torrón SL
Teléfono: 982 221 966
Email: correo@millarestorron.com
Hileradoras de catro rotores de Krone

Rastrillo xuntador Krone Swadro TC 1570, con catro rotores en V e un ancho de 15,70 metros
Modelos como a hileradora rotativa Krone Swadro TC 1250 ou TC 1370 destacan pola súa calidade e eficiencia no campo mentres que a Swadro TC 1570 é o rastrillo de catro rotores máis potente do mercado.
O novo Swadro TC 1570, co seu exclusivo concepto de bastidor en V, impresiona polo seu gran rendemento en superficie. Con este modelo, o fabricante alemán establece novos estándares no segmento dos rastrillos de catro rotores.
Este concepto proporciona á máquina non só unha anchura de traballo flexible de ata 15,70 metros, senón tamén un funcionamento sumamente estable e uniforme. A anchura de traballo pode axustarse de forma variable ata 15,70 metros mediante os rotores dianteiros guiados polos brazos en V.
Os brazos laterais poden recollerse e estenderse de forma independente, o que permite hilerar con facilidade as esquinas do campo ou os posibles obstáculos
Estes brazos poden recollerse e estenderse de forma independente, o que permite hilerar con facilidade as esquinas do campo e os obstáculos. Ademais, cada un dos brazos apóiase nunha roda de soporte na zona dianteira, garantindo unha marcha suave, especialmente a altas velocidades e durante as manobras de xiro rápido nas cabeceiras. O resultado final é un máximo rendemento por hectárea.
Coa nova interface de usuario sinxela e intuitiva, toda a máquina pode manexarse desde a cabina do tractor a través dun terminal compatible con ISOBUS ou en combinación cun joystick ISOBUS. Deste xeito, o Swadro TC 1570 consegue sempre os mellores resultados de hilerado, incluso nas condicións máis complicadas.
As púas de elevación recollen a forraxe con limpeza, reducindo a cantidade de terra que se introduce no silo
Grazas aos 15 brazos de púas nos catro rotores e ás cinco púas por brazo nos rotores traseiros, é posible hilerar sen perdas incluso a altas velocidades. As púas de elevación recollen a forraxe con limpeza, reducindo a cantidade de terra ou outro tipo de sucidade que se introduce no silo.
O Swadro TC 1570 está equipado cun enganche de dous puntos con suspensión pendular. Isto permite compensar de forma fiable as irregularidades do terreo e proporciona ao rastrillo unha enorme manobrabilidade grazas ao seu gran ángulo de xiro.
Ademais, grazas ao bastidor principal abatible hidraulicamente, a máquina pode baixarse a unha altura de transporte inferior a 4 m sen necesidade de pregar os brazos de púas para desprazarse por estrada.