Enxeñería Forestal: Unha profesión cunha alta demanda laboral en Galicia

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia (COETFG) confirma o aumento na demanda de profesionais con formación no Grao en materia Forestal

Enxeñería Forestal: Unha profesión cunha alta demanda laboral en Galicia

Artigo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia (COETFG):

Nos seus 25 anos de traxectoria en Galicia, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia (COETFG) ten realizado un constante traballo para o desenvolvemento da profesión de Enxeñaría Técnica Forestal, entre o que destacan aspectos tan importantes como:

-A defensa da profesión no contexto económico, político, legal, administrativo e social en xeral.

-O servizo directo ao profesional colexiado/a, aportándolle respaldo na súa responsabilidade civil profesional, asesoramento xurídico e técnico, información e formación sobre as novidades do sector tanto normativas como tendencias de mercado, as novas tecnoloxías e os novos campos de traballo.

-O achegamento da profesión á cidadanía, ofrecéndolle a esta información sobre os servizos que lle pode aportar un Enxeñeiro/a ou Graduado/a Forestal, as vantaxes e garantías de contar con profesionais colexiados/as e o respaldo e seguridade que lle ofrece o colexio profesional.

-Ademais, vimos realizando un constante traballo de orientación a estudantes da ESO e Bacharelato sobre os distintos itinerarios formativos, así como de orientación a estudantes universitarios sobre saídas profesionais.

Estamos a falar dunha profesión regulada para a que é imprescindible estar incorporada/o ao colexio profesional con competencias na comunidade autónoma na que se exerce, é dicir o COETFG *.

Outra das funcións máis relevantes e activas do COETFG, e nas que se concentran maiores esforzos é o seguimento do mercado laboral e das condicións de traballo, co fin de que as organizacións coñezan a versatilidade que lles ofrece un Enxeñeiro/a ou Graduado/a Forestal en aras da defensa dunhas condicións dignas e acordes coa excelencia da calidade técnica que estes profesionais ofrecen.

Neste sentido, e pese ao auxe que nos últimos anos está desenvolvendo o sector forestal-madeira a nivel mundial, así como a importancia do coidado do Medioambiente en todas as actividades económicas e sociais; e das oportunidades que a nosa profesión está ofrecendo á sociedade para impulsar a economía desde os distintos retos plantexados pola economía mundial: sostenibilidade, transición ecolóxica, bioeconomía, novas tecnoloxías, I+D+i, etc.., dende o COETFG vimos observando dous realidades sociais que sen dúbida requiren unha análise detallada e un traballo de base para continuar avanzando no desenvolvemento da nosa profesión:

1º/ Unha importante diminución na demanda de estudios universitarios do Grao Forestal por parte do alumnado galego, cun paulatino descenso de matrículas, que ademais se fai máis visible en mulleres.

2º/ Un aumento de ofertas de emprego para titulados no Grao Forestal, sobre todo no sector privado, e que actualmente se está a traducir nun 100 % de empregabilidade dos recén titulados.

 Os recén titulados teñen un 100% de empregabilidade

Dende o COETFG, a través da xestión do noso servizo de Ofertas de Emprego, constatamos una crecente demanda de Enxeñeiros/as e Graduados/as estruturada nos seguintes perfiles: sector da consultaría forestal e medioambiental (40%), seguido do sector industrial (19 %), así como na docencia e formación de traballadores do sector forestal (10 %), prevención de riscos laborais (10%), enerxías renovables (6%), así como outras áreas.

O momento actual evidencia o impulso que o sector forestal-madeira e sector medioambiental están desenvolvendo na nosa comunidade, para o que os estudios universitarios do Grao Forestal encaixan á perfección.

Estamos falando dunha profesión que abarca ámbitos tan diversos como os que se acompañan, e que permite un amplo espectro de saídas profesionais:

COLEXIO FORESTAIS 1 COLEXIO FORESTAIS 2

Dende o COETFG continuamos traballando por e para unha profesión apaixonante e con moito futuro!

*Ver:

“Lei 2/174, de 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais” (BOE 15/02/1974, e posteriores modificacións)
“Lei 11/2001, de 18 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia” (BOE 22/10/2001)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información