Entreviños, a feira dos viños galegos máis singulares os días 4 e 5 de marzo en Vigo

Publicidade

image003Os días 4 e 5 de marzo celebrarase en Vigo ENTREVIÑOS 2023, unha feira do viño galego que acolle adegas con proxectos coidados e singulares.

A edición deste ano contará con adegas como Cume do Avia, Fazenda Augalevada, Viña Meín, Bodegas Petrón e os adegueiros Bernardo Estévez ou Xico de Mandín.

O sábado día 4 ás 12:30 h haberá unha cata comentada e unha presentación a cargo de Luis L. Paadin, un dos grandes divulgadores do viño galego, que falará dos seus últimos proxectos e que axudará a coñecer algún dos viños de Entreviños 2023.

Ás 19 h terá lugar a presentación do libro “A nación dos mil viños” a cargo dos seus autores, Martiño Santos e Xosé Gontá, que son os responsábeis da tenda de Vide, Vide! e que tamén guirán aos asistentes unha cata por varios viños de Entreviños 2023.

E ás 21:00 horas celebrarase a presentación desta nova edición de Entreviños, con música a cargo do produtor Yung Denzo.

O domingo, 5 de marzo, será o día da feira, onde se poderá coñecer os proxectos e probar os viños de adegas de todas as Denominacións de Orixe, Indicacións Xeográficas Protexidas e outras que non están nestas clasificacións oficiais.

Entreviños terá lugar en MUTA (Joaquín Loriga, 9, Vigo) os días 4 e 5 de marzo. Os horarios son:

-Sábado de  12:30 h a 14:00 h e de 19:00 h a 23:00 h
-Domingo de 11:00 h a 14:30 h e de 17:00 h a 20:30 h

A entrada dá dereito a catar os viños das diferentes adegas. Ademais, haberá unha zona de petiscos.
Esta é a terceira edición de Entreviños, a primeira tivo lugar en 2019 e a segunda no verán de 2022. Entreviños está organizado por Eva e Inés Román, responsables do lugar no que se celebra, o espazo MUTA, xunto con Juanjo Figueroa, sommelier e un dos responsables do restaurante Lume de Carozo, ademais de formador no Instituto Galego do Viño, e Iria Taibo, tradutora especializada no sector da gastronomía e o viño.

Prezo 1 día (sábado ou domingo) : 20 € + gastos xestión. Abono 2 días: 35 € + gastos xestión. Haberá desconto do 5 % a partir de 15 entradas e do 10 % a partir de 30 entradas

Venda entradas eventbrite: https://www.eventbrite.es/e/entradas-entrevinos-2023-549014586407

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información