Entrepinares prevé duplicar a súa produción de queixo na planta de Vilalba

Entrepinares prevé duplicar a súa produción de queixo na planta de Vilalba

O conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, José González Vázquez, visitou hoxe as novas instalacións de Queserías Entrepinares en Vilalba, que supuxeron un investimento duns 10 millóns de euros, contando cunha axuda da Xunta de 3,6 millóns.

O conselleiro puido coñecer de primeira man a nova factoría, de 20.000 m2, que permitirá duplicar o potencial de produción da compañía, a primeira de España en elaboración de queixos, uns 69 millóns de quilos, destinados na súa gran maioría a supermercados Mercadona, do que é interproveedor.

A planta de Vilalba xerou ao peche de 2019 preto do 37% da produción total da compañía e con este plan de expansión chegará nos próximos anos ao 50% do volume do grupo.

Entrepinares é unha das industrias que máis está a aumentar a súa recollida de leite en Galicia. Así o pasado ano recolleu 159 millóns de litros -por encima dos 150 que se marcou a compañía- , un 23% máis que en 2018, e que xa representa case o 6% da produción total galega. Actualmente 150 gandarías galegas venden o leite a Entrepinares.

A planta está equipada cunha tecnoloxía pioneira en España

Desde Entrepinares destacan que o seu quesería de Vilalba “supón un salto cualitativo do sector quesero en España e sitúa á factoría vilalbesa de Entrepinares ao mesmo nivel tecnolóxico que as empresas europeas líderes no sector”.

Así, dentro da nova instalación introdúcense tecnoloxías que só están presentes nas fábricas máis vangardistas no sector quesero. Inclúense tecnoloxías que reducen o consumo de auga na elaboración do queixo. Desde o punto de vista da prevención de riscos, esta instalación é moito máis segura para os traballadores xa que a inspección visual é óptima e ten moi boa accesibilidade para tarefas de mantemento.

A nova factoría, é modular e ten unha capacidade inicial de produción de 15.000 toneladas/ano e centrarase na elaboración de queixo de pasta prensada en barras e bloques. Adicionalmente o produto lonchearase e envasarase na mesma instalación.

Por outra banda, o soro que se recolle é de alta calidade. A súa proximidade coa torre de soro, posta en marcha polo grupo Entrepinares en 2018, permite procesalo canto antes mantendo intactas todas as súas propiedades e ofrecendo un produto de gran valor engadido. Esta nova torre de soro destaca pola súa tecnoloxía punteira, a súa capacidade de produción e a súa versatilidade

No último ano Entrepinares incorporou a 46 traballadores ao seu persoal de Vilalba para a definición, organización e posta en marcha da nova factoría e para o reforzo da torre de soro. Segundo José Manuel García Bejines, Director Xeral da compañía, “o bo facer do equipo de profesionais que dispomos en Vilalba está a axudarnos a cumprir prazos e a controlar unha instalación que, probablemente, sexa das máis avanzadas de Europa”. Entrepinares ten previsto contar con máis de 220 persoas traballando na factoría vilalbesa á finalización do proxecto.

Sobre Entrepinares

Entrepinares, empresa familiar valisoletana do sector agroalimentario, é o primeiro produtor nacional de queixos cun volume anual superior aos 69 millóns de kg. O grupo lácteo foi fundado no ano 1984 por Antonio Martín Castro, vinculado ao sector quesero por tradición familiar, e conta con catro centros de produción en Vilalba, Valladolid, Fuenlabrada e Toledo; un centro de envasado e loxística situado na capital valisoletana; e dúas plantas de transformación de soro situadas en Vilalba e Castrogonzalo (Zamora).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información