O Complexo Hostelero Paladium, situado en Vilamartín de Valdeorras, foi o lugar escollido, un ano máis, para a celebración do acto de entrega de premios da XXV Cata dos Viños de Valdeorras, na que participaron un total de 21 adegas, que aportaron 53 referencias. Delas, 30 foron viños de variedades brancas e as restantes 23, de variedades tintas.
Na súa intervención, o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, destacou que “eventos como o de hoxe, contribúen a seguir apoiando ao sector vitivinícola, un dos motores máis importantes da provincia”, á vez que “axudan a que adegueiros e viticultores nos xuntemos nun ambiente agradable e poidamos falar do mundo que máis nos apaixona, o do viño”.
Tamén puxo o acento Rodríguez Castellanos, na “loita por sacar adiante cada colleita, fruto da labor continuada dun sector cuxa máxima é sempre a búsqueda da calidade nas súas marcas”.
Premios
A continuación, detállanse as adegas e viños que resultaron distinguidas na XXV edición da Cata:
Viños brancos
1ro Premio- O Luar do Sil Godello Lías 2023 de O Luar do Sil.
2º Premio- Quinta da Peza Godello 2023 de Adega Quinta da Peza, S.L.
3ro Premio- Ruchel Godello 2023 de Bodega Ruchel, S.L.
Viños tintos
1ro Premio- Sampayolo Mencía 2023 de Bodega Sampayolo, S.L.
2º Premio- Quinta da Peza Mencía 2023 de Adega Quinta da Peza, S.L.
3ro Premio- Roandi Mencía 2023 de Bodega Roandi, S.L.
Nesta ocasión, o Consello Regulador decidiu conceder un total de catro mencións especiais a viños doutras añadas, unha na categoría de brancos, e as tres restantes, na categoría de tintos.
Viños brancos
Mención especial viños doutras añadas brancos: O Luar do Sil Vides de Córgomo Godello 2022 de O Luar do Sil.
Vinos tintos
1ª Mención especial viños doutras añadas tintos: Alan de Val Escada Lembranzas 2020 de Adega Alan S.A.T.
2ª Mención especial viños doutras añadas tintos: Lagar do Cigur Barrica 2018 de Adega Melillas e Fillos, S.L.
3ª Mención especial viños doutras añadas tintos: A Cotarona 2020 de Adega da Pinguela, S.L.