Entregadas as mencións ás mellores ganderías de vacún de leite de Galicia no 2023

conselleira mouriscade fefriga mozosA Federación de Frisona Galega entregou hoxe en Finca Mouriscade (Lalín), con motivo da clausura da IV Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, as mencións honoríficas que concede cada ano aos mellores criadores e animais de Galicia tomando como base os criterios de produción, ICO e cualificación morfolóxica.

Mellores explotacións por produción:

Ganadería Rodasinde (O Saviñao)
SAT Lodos e Pérez (A Pastoriza)
Gandeiría Fondón (Ribadeo)

Mellores explotacións por ICO:

Abonxo (Lalín)
Landeira SCG (Negreira)
Finca Mouriscade (Lalín)

Mellores explotacións por calificación morfolóxica:

Baixo Holstein (Sarria)
Mantoño Holstein (Barreiros)
Finca La Asunción (Touro)

Mellores produtoras de Galicia (primíparas):

Zorro Genial 9336 Rula (Zorro)
As Pandas Sanxurxo 927 (SAT As Pandas)
Ferreiro Exten 044 (Ferreiro Rial)

Mellores produtoras de Galicia (vacas):

Xusto Braxton Benzema (SAT Ganadería Xusto)
Fondon Everest 3269 (Gandeiría Fondón)
Rego Kingdom Ketta 1016 (Casa do Rego)

Mellores Producións Vitalicias:

Novoa Gerard Rocio (Novoa)
Val de Muiños Igniter 5558
Caseirodernes Goldwyn Xuiza (Caseiro de Ernes)

𝗖𝗼𝗻𝘀𝘂𝗹𝘁𝗮 𝗮𝘀 𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮𝘅𝗲𝘀 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗹𝗲𝘁𝗮𝘀 𝗻𝗮 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗶𝗻𝘁𝗲 𝗹𝗶𝗴𝗮𝘇𝗼́𝗻 

A Xunta reafirma o seu apoio á remuda xeneracional

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; polo alcalde de Lalín, José Crespo; e o presidente da Federación Frisona Galega (Fefriga), Manuel Sandamil; animou hoxe á mocidade “a seguir vencellada ao rural e a apostar por el, aproveitando o apoio que se lle presta por parte da Xunta de Galicia”. Na clausura da IV Escola de iniciación de futuros gandeiros e entrega de mencións ás mellores explotacións, organizada por Fefriga e o Clube de Xóvenes Gandeiros, puxo en valor as diferentes liñas de traballo do Goberno autonómico a prol da remuda xeracional no agro.

Así, a conselleira resaltou o investimento de 164 millóns de euros en axudas xestionadas pola Xunta, que propiciou a incorporación á actividade agrogandeira en Galicia duns 5.000 mozos. Trasladou ademais que neste ano 2024 o número de solicitudes para esta liña de achegas ascendeu a máis de 400 e salientou tamén que se puxo en marcha, por primeira vez, unha nova convocatoria de subvencións específica para persoas de entre 41 e 55 anos, que rexistrou máis de 170 solicitudes.

A maiores, Gómez lembrou que nesta lexislatura porase en marcha por parte do Goberno autonómico un Plan de fomento da remuda xeracional “amplo e cunha perspectiva transversal, baseado na formación, a sensibilización e a incorporación ao agro”. Nesta liña, remarcou, dende a Consellería “buscamos revalorizar e visibilizar na sociedade en xeral as profesións vinculadas ao campo”.

Formación para o rural

En relación específica coa formación para o rural, a conselleira reiterou a aposta da Xunta por iniciativas como a Formación Profesional Dual, con novos ciclos que se estrearán o vindeiro curso 2024-2025, en liña coa Consellería do Educación, nos seis centros propios da Consellería no territorio galego, destacando a “formación práctica para que poidades ter un contacto máis directo coa realidade laboral e cos profesionais, como o tivestes estes días en Mouriscade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información