A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Entrega do selo Galicia Calidade a Confitería Cerviño, do Carballiño

O establecemento logrou o distintivo para as súas cañas fritas, que comercializa en toda a Península e que mesmo exporta a outros países europeos

Entrega do selo Galicia Calidade a Confitería Cerviño, do Carballiño

Acto de entrega do selo de Galicia Calidade a Confitería Cerviño.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, fixeron entrega no Carballiño do selo de Galicia Calidade a Confitería Cerviño, unha firma que elabora as tradicionais cañas fritas de xeito artesán cunha receta particular, que pasa de xeración en xeración.

As cañas do Carballiño, recoñecidas a nivel internacional, elabóranse dende hai máis de 50 anos neste establecemento familiar, que desde hai catro xeracións liga o seu apelido á calidade e á tradición artesán e reposteira.

A directora xeral de Comercio agradeceu a aposta da Confitería Cerviño por promocionar un produto tan ligado á tradición reposteira de Galicia e do Carballiño. Con este recoñecemento, as cañas Cerviño poderán chegar a novos mercados, coa garantía que lles ofrece o selo de Galicia Calidade e distinguirse pola súa orixe e calidade superior. As cañas fritas da firma ourensá xa teñen distribución en toda a Península e mesmo teñen saído en envíos puntuais para países como Francia ou Gran Bretaña.

Sinatura dos compromisos de Confitería Cerviño con Galicia Calidade.

Sinatura dos compromisos de Confitería Cerviño con Galicia Calidade.

O xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, sinalou, pola súa banda, a relevancia do sector alimentario dentro do selo Galicia Calidade e amosou a súa satisfacción pola incorporación dun produto tan representativo da repostería galega como as cañas fritas do Carballiño. Deste xeito, destacou que “sumamos un novo produto tan coñecido e representativo de Galicia e do Carballiño a unha lista moi completa na que integramos produtos galegos de calidade coma ovos, viño, polo, auga ou a pescada, entre outros”.

Con esta incorporación, o selo de certificación Galicia Calidade suma máis de 400 produtos e servizos de máis de 110 empresas galegas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *