Dende o 1 de abril entraron en vigor na Unión Europea as novas normas de etiquetaxe nas que será obrigatorio indicar a orixe da carne fresca, refrixerada ou conxelada de porcino, ovino, cabrún e aves.
En concreto, trátase do Regulamento de Execución (UE) n.º 1337/2013 da Comisión Europea, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) n.º 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire á indicación do país de orixe ou do lugar de procedencia para a carne.
Son novas normas de etiquetaxe nas que será obrigatorio indicar a orixe da carne fresca, refrixerada ou conxelada de porcino, ovino, caprino e aves.
Queda excluída a carne de vacún
Deste sistema de etiquetaxe quedaron descartados os modelos de carne de vacún, que xa contan cunha normativa propia, e a carne picada xunto aos magros.
Normas para a carne de porcino
No caso da carne de porcino utilizarase a indicación de orixe criada en seguido do nome do país:
En que estivese os últimos 4 meses de vida cando o animal sexa sacrificado con 6 ou máis meses de vida e máis de 80 kg de peso vivo
En que estivese dende os 30 kg ata o seu sacrificio cando se sacrifique con menos de 6 meses de vida pero con máis de 80 kg de peso vivo.
En que estivese se se sacrifica con menos de 80 kg vivo e ten menos de 6 meses.
Normas para ovino, cabrún e aves
Para a carne de ovino-cabrún débese indicar na etiqueta o Estado membro da Unión Europea ou país terceiro no que foi criado o animal durante os últimos 6 meses de vida, ou de todo o período de cría se é sacrificado con menos de 6 meses.
Na carne de aves débese indicar o país onde foron criadas durante o último mes de vida ou de toda se a ave é sacrificada antes dun mes.
Outras mencións que deberán incluírse na etiquetaxe son as de sacrificado en co nome do país, sexa da UE ou non, e o código de lote para poder verificar a trazabilidade.
O obxectivo desta normativa, segundo a Comisión Europea, é mellorar a trazabilidade da carne, establecendo unha relación entre a carne comercializada e o animal do que procede.