Ensaios en Galicia coas variedades de millo forraxeiro: resultados 2020

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo ven de publicar a actualización para o ano 2020 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) ven de publicar a actualización para o ano 2020dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia.

Dentro dunhas semanas xa se empeza a preparar a sementeira do millo forraxeiro en Galicia, un cultivo de grande importancia para o mantemento da nosa cabana de gando vacún.

Proba da importancia deste cultivo é que Galicia concentra o 60% da superficie do Estado dedicada a este cultivo e o 55% da produción. Trátase da principal produción forraxeira das arredor de 7000 explotacións lácteas existentes na comunidade.

Neste sentido, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) ven de publicar a actualización correspondente ao ano 2020 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia, unha análise comparativa anual que se realiza dende o ano 1999 co obxectivo de avaliar o rendemento e calidade das variedades comerciais máis utilizadas no país.

Os  ensaios fixéronse en catro comarcas: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña lucense. Nos ensaios utilízase un deseño en bloques ao chou con tres repeticións, cunha densidade de 90.000 plantas/ha. Recolleuse cada variedade no momento en que a liña de leite estaba a 1/3-1/2 do ápice (gran pastoso-vítreo) e analizouse a parte verde da planta e as espigas por separado.

Variedades con dous ou máis anos de avaliación, con maior fiabilidade:

CIAM MILLO 2020 1 CIAM MILLO 2020 2

Variedades cun ano de avaliación, con menor fiabilidade:

CIAM MILLO 2020 3

Interpretación das táboas:

ALTURA: Altura total da planta, en cm.

ANOS: Nº de anos nos que a variedade foi ensaiada.

COMERCIAL: Entidade comercializadora da variedade.

DÍAS S-C: Son os días que transcorren entre a sementeira e a colleita para ensilar na zona máis fría das estudadas, que é a comarca de Ordes. Para a
comarca de Sarria débense restar 15 días á cifra da táboa. Os “DÍAS S-C” é un índice do ciclo de maduración das distintas variedades.

DMO: Dixestibilidade in vitro da materia orgánica, determinada polo NIRS (Sistema de reflectancia no infravermello próximo).

ESPIGA: Porcentaxe que representa a espiga sobre o rendemento en materia seca.

IP: Índice produtivo, que é a porcentaxe que representa o rendemento de cada variedade en materia orgánica dixestible sobre a media do
rendemento das testemuñas ‘Agrostar’, ‘Clarica’ e ‘Pharaon’ (13,4 t/ha MOD).

MO: Materia orgánica.

MS: Materia seca.

PB: Proteína bruta, en porcentaxe sobre o rendemento en materia seca, determinada polo NIRS.

RMOD: Rendemento da planta enteira en toneladas de materia orgánica dixestible por hectárea.

RMS: Rendemento da planta enteira en toneladas de materia seca por hectárea.

Recomendacións para elixir unha variedade

Á hora de elixir unha variedade, dende o CIAM recomendan que o primeiro que temos que ter en conta é o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona.

Neste sentido aconsellan que:

-Se sabemos a data de sementeira e sumamos os días que aparecen na columna “Días S-C”, teremos a data probable de recollida para unha zona fría do interior.

-Se é unha zona cálida haberá que restarlle 15 días.

-Tamén é importante a dispoñibilidade de maquinaria para esa data.
Dentro do ciclo elixido, dende o CIAM recomendan escoller aquelas variedades que reúnan as dúas condicións seguintes ao mesmo tempo:
1) Un elevado índice produtivo (IP) (canto maior sexa o dato da columna IP, mellor) e
2) Unha elevada calidade (canto maiores sexan os datos das columnas ESPIGA, DMO e PB, mellor).

Descarga aquí a actualización correspondente ao ano 2020 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información