Enquisa sobre as necesidades de dixitalización dos sectores agroalimentario e forestal

A asociación Datalife, creada por 4 clusters empresariais de Galicia, 2 centros tecnolóxicos, Universidade de Santieago e 3 empresas tractoras, analiza a situación das empresas no ámbito dixital

Enquisa sobre as necesidades de dixitalización dos sectores agroalimentario e forestal

Finsa, que iniciou un proceso de automatización das súas factorías, é unha das empresas impulsoras da asociación Datalife.

A asociación Datalife, constituída o pasado ano para aumentar a competitividade das empresas galegas, lanzou unha enquisa online para coñecer a situación e necesidades de dixitalización das empresas galegas de distintos ámbitos específicos, entre eles o agroalimentario e o forestal.

Pódese acceder á enquisa a través deste enlace.

Datalife é unha asociación impulsada por 4 clusters empresariais (Bioga, Cluster Tic de Galicia, Cluster das Ciencias da Vida e Anfaco-Cecopesca), 3 empresas tractoras (Finsa, Cz Veterinaria e Televés), a Universidade de Santiago e dos centros tecnolóxicos (Centro de Supercomputación de Galicia, Cesga) e Centro Tecnolóxico de Comunicacións – Gradiant.

O obxectivo da asociación, constituída o pasado ano, é o de aumentar a innovación e competitividade das empresas galegas en tres ámbitos principais: biorrecursos, sostibilidade e saúde. O consorcio enfoca o seu traballo nos sectores mar-industria, agroalimentario, forestal, biotecnoloxía e saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información