O proxecto europeo SUDOE SOIL & WINE RESIDUES no que participan diversas entidades galegas como a Universidade de Santiago de Compostela ou a Mancomunidade do Salnés, acaba de lanzar unha enquisa dirixida á sociedade en xeral, e aos produtores vitícolas en concreto, sobre como mellorar a sustentabilidade da viticultura en Galicia.
A enquisa ten como obxectivo realizar un diagnóstico sobre os problemas e desafíos do sector vitivinícola.
O formulario está accesible na seguinte ligazón.
Aínda que o público obxectivo da mesma son viticultores e adegas, tamén se busca recoller a valoración da cidadanía en xeral e do sector empresarial.
Xornada o vindeiro luns en Ribadumia
Dentro deste proxecto o vindeiro luns, 23 de febreiro, celebrarase no concello pontevedrés de Ribadumia unha xornada sobre “Retos e solucións para a xestión sustentable do solo en viñedos”, na que diversos expertos presentarán distintas solucións na materia. Velaquí o programa:


Galego









Control OJD