Enquisa sobre cales son as barreiras de acceso da xente nova á actividade agropecuaria

No marco do proxecto europeo Down to Earth, no que en Galicia participan a Fundación Juana de Vega e a AGADER, está a redactarse un informe sobre as barreiras de acceso que atopan os mozos ao incorporarse á actividade agropecuaria.

O obxectivo da enquisa é realizar propostas de mellora ás políticas públicas actuais. O formulario é anónimo.

Neste sentido, solicitan apoio para lograr a maior cantidade de información ao completar os campos da enquisa e ao compartilo con outras persoas vinculadas á actividade agropecuaria.

Este é a ligazón á enquisa online: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScZl4VMyrOurB7rGEQ1qNYIyPWlEmJZjgewE0LhzRTRLrF_KA/viewform?pli=1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información