A Universidade de Vigo, xunto co Centro Agrogandeiro do INORDE, están a traballar no proxecto europeo SoildiverAgro no deseño de estratexias para unha produción de pataca mais sostible e con menores custos en Galicia, empregando diferentes técnicas (ex. sistemas de alerta, cultivos trampa, emprego de fungos micorrízicos ou diversificación de cultivos).
Para deseñar correctamente estas estratexias, e que sexan de utilidade para os produtores de pataca galegos, queremos coñecer a túa opinión:
Convidámoste a participar respondendo a seguinte enquisa en liña:
Podes facelo ata o próximo venres 31 de marzo cun ordenador ou teléfono. O tempo estimado de realización é de 20 minutos.
A túa opinión é moi importante. Esperamos que poidas participar!