Encontros entre prescriptores e empresas da madeira o 16 de marzo

encontros madeiraO Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, organiza o mércores, 16 de marzo, a partir das 16:00 horas, unha serie de encontros B2B online entre prescriptores e empresas da madeira, co obxectivo de atopar novas oportunidades comerciais e coñecer, de primeira man, o traballo que desenvolve cada un dos profesionais e, así, compartir sinerxías e crear redes de colaboración.

As reunións B2B estarán preestablecidas entre os participantes rexistrados e desenvolveranse nunha contorna online distendido onde poder pór en común o traballo dos profesionais. Os encontros terán unha duración de 15 minutos.

Recoméndase ter preparada información online sobre produto e traballo para poder compartir cos contactos.

A data límite de inscrición é o próximo 11 de marzo de 2022.

Para máis información sobre o programa e a inscrición feixe click nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información