Encontro virtual da mocidade das cooperativas agroalimentarias galegas

Encontro virtual da mocidade das cooperativas agroalimentarias galegas

Un dos encontros de mozos que se incorporan á actividade agrogandeira organizado por Agaca antes da pandemia. / Arquivo.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza este luns, 14 de febreiro, un encontro online para mozos e mozas que traballan no sector agroalimentario galego. A sesión centrarase na Incorporación á actividade agrogandeira.

O encontro celebrarase de modo online e terá formato participativo (a través de Zoom). Dende Agaca buscan ofrecer ás persoas mozas que participen o coñecemento en primeira persoa dos principais aspectos a ter en conta ao iniciárense na actividade agrogandeira. “Tratarase de achegar propostas, suxestións, estratexias e aspectos clave na posta en marcha da actividade, para abrir as expectativas da mocidade á realidade da actividade na empresa agrogandeira e o cooperativismo agroalimentario”, indican os organizadores.

O programa completo da xornada é o seguinte:

16:30 horas— Recepción e entrega de documentación.

16:45 horas — Presentación dos resultados do programa CULTIVA 2021 “Catálogo de Estancias Formativas para mozos”. Higinio Mougán, director-xerente de Agaca.

17:00 horas — A incorporación á Actividade Agraria: Aspectos clave para acadar o éxito. José Ramón Pedreira Dono, xefe de Sección Estruturas Agrarias da Xunta de Galicia.

17:45 horas — Debate: Incorporación á Actividade e cooperativas agroalimentarias. Axudas actuais. José Ramón Pedreira Dono. xefe de Sección Estruturas Agrarias da Xunta de Galicia e Carlos Ares Fernández. técnico de Agaca.

19:30 horas — Peche do encontro.

Inscrición

A xornada desenvolverase en horario de tarde, de 16:00 a 19:30 horas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse nesta ligazón.

A actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

 

20220214-eusumo-economia-social-meeting-xovenes

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información