Encontro para abordar as perspectivas dos montes de piñeiro e da súa madeira

A Fundación Arume organiza o 27 de outubro un evento en Santiago que reunirá a toda a cadea monte – industria de Galicia. Constituirase ese día a marca de garantía Pino de Galicia

Encontro para abordar as perspectivas dos montes de piñeiro e da súa madeira

O futuro dos montes de piñeiro en Galicia e as perspectivas do mercado da madeira de coníferas son as dúas cuestións que centrarán o I Encontro Intersectorial do Piñeiro de Galicia, que se celebrará o próximo mércores 27 de outubro na Cidade da Cultura (Edificio CINC), en Santiago. O Encontro, que levará por título Piñeiros ‘21: Conectando Monte e Mercado, acollerá tamén a constitución formal da marca de garantía Pino de Galicia, con participación de tódalas empresas da madeira que inicialmente se suman ó selo.

Coa organización do Encontro, a Fundación Arume busca ofrecer perspectivas claras para toda a cadea monte industria sobre a folla de ruta a seguir no sector. O evento artellarase a modo de coloquios temáticos nos que intervirán profesionais ligados ó monte e á madeira, ben desde un ámbito empresarial, técnico ou académico.

Abrirá a xornada matinal unha análise sobre o ‘O futuro da madeira de coníferas’ e xa á tarde celebraranse mesas especializadas en dúas salas paralelas, unha centrada no Monte e outra no Mercado. O evento incluirá tamén a constitución da marca Pino de Galicia, un acto no que participarán tódalas empresas que comezarán a traballar nun principio co selo de garantía.

Dado que o aforo para asistir ás mesas temáticas do Encontro é limitado, poderanse seguir tódalas ponencias por ‘streaming’ a través da web e das redes sociais da Fundación Arume e da súa marca de garantía, Pino de Galicia. Tamén será posible a asistencia presencial á xornada de tarde, sempre que haxa prazas dispoñibles. Pódese cubrir este formulario tanto para a asistencia presencial de tarde como para o seguemento por streaming (a fin de recibir os enlaces por mail).

Detallamos a continuación o programa completo do Encontro.

PROGRAMA – Piñeiros ‘21, Conectando Monte e Mercado

12.15 h. – Inauguración institucional

12.30 h. – Constitución da marca de garantía Pino de Galicia

12:45 h. – O futuro da madeira de coníferas
David Lorenzo. Secretario do Comité de marca Pino de Galicia
Venancio Salcines. Presidente do Comité de marca Pino de Galicia
Eduardo Rojas. Presidente de Juntos por los Bosques
José Carballo. Presidente da Fundación Arume

14h. – Clausura institucional da sesión de mañá

XORNADA DE TARDE – MONTE

15:45 Micoloxía e piñeiro,a simbiose.
Patricia Gómez. Xerente da Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España.
Antonio Rigueiro. Catedrático de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.
Esteban Sinde. CRIO de Hifas da Terra S.L.
Julián Alonso. Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus.

16:45 Economía do piñeiral: problemas e solucións.
Roque Rodríguez. Catedrático de Silvicultura da Universidade de Santiago de Compostela.
Carlos Iglesias. Responsable de Aproveitamentos Forestais de Finsa.
Daniel Rodríguez. Responsable económico da Asociación Forestal de Galicia.
Jacobo Feijóo. Secretario xeral da Asociación Sectorial Forestal de Galicia.

17:45 Compensacións de CO2. Oportunidades de investimento no monte.
Gonzalo Brocos. Codirector de Agrocomunicación S.L.
Gaspar Barreras. CEO de Papelera de Brandia.
Sabela Oca. Responsable de Calidade e Innovación de Clun S.C.G.
Jesús Combarro. Director de Negocio Agro Abanca.

XORNADA DE TARDE – MERCADO

15:45 Evolución do mercado da madeira: perspectivas de futuro.
Ignacio Lema. Director de XERA Axencia Galega da Industria Forestal.
Juan Picos. Director da Escola de Enxeñaria Forestal da Universidade de Vigo.
Mario Carballo. Xerente de Maderas Besteiro.
Carlos Fernández. Xerente de Maderas del Noroeste S.A

16:45 A rastrexabilidade do recurso: valor para o cliente final.
Jacobo Aboal. Subdirector xeral de Recursos Forestais da Consellería do Medio Rural.
Marta Villaverde. Subdirectora Xeral de Pesca e Mercados de Pesca da Consellería do Mar.
David Robledo. Director de I+D+i do Grupo Coren.
Maria Herranz. Directora de Mercado da Madeira de Leroy Merlin España.

17:45 A madeira como panca para unha construción sostible e industrializada.
Emma Romero. Responsable de solucións construtivas de Finsa e da Plataforma Wood is Wood.
Álvaro López. Oficina técnica de Xilonor S.L.
María Sánchez. Directora do estudio de arquitectura The Cambium Design.
Belén Bouza. Directora de EDMCasas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información