Encontro online sobre o canal Contract e o deseño de espazos

O Cluster da Madeira organiza a 15ª edición os días 21 e 22 abril con 56 relatorios de salientables profesionais no emprego da madeira en construción e rehabilitación

Encontro online sobre o canal Contract e o deseño de espazos

Proxecto dunha firma galega nunha cadea hoteleira. / Arquivo.

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) organiza, coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica, os próximos días 21 e 22 de abril, a 15ª edición dos Encontros Online de Innovación en Madeira, Meeting Point Lignum. Nesta ocasión estará dedicada de forma monográfica ao Canal Contract, un ámbito chave para a competitividade, a internacionalización e o crecemento do sector.

Esta cita consolidouse ao longo destes 15 anos nun punto de encontro para arquitectos, deseñadores, carpinteiros, enxeñeiros e empresas do sector da madeira interesadas en coñecer novos usos e exemplos de éxito en construción e rehabilitación con este material, ampliando este ano estes contidos ao Canal Contract. A plataforma conta con máis de 34.000 seguidores e 56 relatorios de recoñecidos profesionais a nivel nacional.

Programa XV edición Meeting Point Lignum
O programa contará coa participación de salientables profesionais como Gil Pita Nieto Peñamaría, MAS Arquitectura, o estudo Sinaldaba e PF1 Interiorismo, quen compartirá a súa experiencia en proxectos reais, achegando unha visión práctica sobre o papel da madeira no desenvolvemento de espazos innovadores, sostibles e funcionais.

As charlas poderanse seguir a través da plataforma www.meetingpointlignum.com, contando con dúas conexións ao día: 12.00 horas e 16.00 horas. Unha vez celebradas, quedarán colgadas na páxina de Youtube do CMD, así como na propia plataforma para ser consultadas cando se desexe. Non é necesario inscribirse.

O formato do evento manterase fiel á súa esencia, con sesións en formato webinar nas que se presentarán casos de éxito e solucións aplicadas, poñendo en valor a versatilidade do material, a súa contribución á sustentabilidade e o seu impacto positivo na calidade dos espazos.

Con esta edición centrada na Canal Contract, o CMD busca reforzar a cooperación entre axentes do ecosistema, impulsar a innovación e seguir posicionando a madeira como material estratéxico na transformación do sector da construción e o deseño.

A edición deste ano está patrocinada por Laminados Villapol, Molduras del Noroeste, Senssia e Grupo Siero.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información