O día 29 de novembro, na sede social dos veciños de Santa María de Arzúa, a cooperativa Erica Mel celebrou un encontro homenaxe a socios fundadores, primeiro Consello rector da cooperativa, Concello de Arzúa e traballadores/as.
O acto escomenzou tomando a palabra o actual presidente de Erica, Manuel Gutierrez, para darlle as grazas a todos os socios/as fundadores e actuais “que gracias a vós se puido formar a nosa cooperativa ERICA MEL e mantela viva durante xa mais de 35 anos”.
“Socios/as que resististes durante esta longa (andaina)momentos difíciles. O mesmo tempo agradecerlle o concello de ARZÚA que foi parte fundamental deste proxecto dende o principio cedeu no seu tempo e segue cedendo mediante convenio as instalacións onde a cooperativa desenvolve a súa actividade, e que son fundamentais, tamén se refireu aos traballadores e traballadoras que traballaron día a día para que a cooperativa fose para adiante”, destacou Manuel Gutiérrez.
Logo, interviron diferentes membros daquel primeiro Consello Rector que contaron anédoctas de cómo sucederon as cousas ao principio da fundación da cooperativa, “que foron tempos nada doados”, como subliñaron Isidro Pardo Varela, Abel Yáñez e Suso Asorey.
A cooperativa fundouse para darlle saída aos meles de Galicia que os pequenos abelleiros e abelleiras non poideran comercializar na súa contorna, “antes de mal vender o su mel ou deixalo almacenado era mellor que o entregaran na cooperativa para ir creando un mercado de meles envasados e vendelos na gran distribución onde non o podían facer os pequenos produtores. Esta filosofía é a que está vixente ainda a día de hoxe”, destacaron.
A cooperativa, tamén creou a marca colectiva MEL DA MIÑAS COLMEAS para a venda directa e na contorna aos pequenos produtores proporcionándolle o etiquetado, a iniciativa pódese considerar un gran éxito.
“A día de hoxe, a cooperativa ten moito camiño andado, envasa e distribúe os meles dos socios en todo o estado. Ten os pagos ao día e a prezos bastante máis altos cas nosas competencias por eso ten moita demanda de entrada na cooperativa de novos socios, cousa que está no ánimo da actual Consello e irá sucedendo pouco a pouco xa que está traballando en distribuir tamén os nosos meles en toda Europa, ese é o seguinte paso no que se está traballando”, destacan desde a directiva de Erica Mel.
“Finalmente recordar que as abellas son imprescindibles para a vida na terra debido ao seu efecto polinizador para conservar a biodiversidade e a produción de alimentos”, destacou o actual alcalde do Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril, que estivo presente e ofreceu todo o seu apoio ao sector apícola.
Os actos finalizaron con varias actividades lúdicas, un xantar de confraternidade e un magosto do que disfrutaron os 80 socios/as participantes.

Galego









Control OJD