
Co gallo do Día Mundial da Ecoloxía, a Asociación de produtores e produtoras ecolóxicos de Galicia (Proecogal) organiza, coa colaboracion da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o I Encontro Ecolóxico Galego o vindeiro 1 de novembro no campo da feira de Parga, en Guitiriz.
O deputado de Rural Daniel García e integrantes da entidade presentaron o programa da xornada, que contará cun mercado de produtos ecolóxicos galegos e unha variada axenda de propostas formativas, divulgativas e lúdicas arredor deste modelo produtivo.
Así, celebrarase unha mesa redonda con produtoras na que particparán Ana da Cennada, gandeira e socia de Sen Máis, Isabelle Gómez, de Traloagro, Nuska Chousa, influencer rural, e Mar Pérez Fra profesora da USC e especialista em desenvolvemento rural.
Arredor do mercado desenvolveránse tamén obradoiros de cociña, cestería e forxa
Arredor do mercado, desenvolveranse tamén obradoiros de cociña con Begoña Vázquez e Martín Mantilla, de cestería con Lola Tourón e de ferro con Victor Uriz. As inscrcións pódense completar xa a través dun formulario dispoñible nas redes sociais de Proecogal.
O deputado de Rural Daniel García enmarcou a organización da xornada “na colaboración que mantemos coa plataforma de produtoras e produotres em ecolóxico de Galicia, para dar soporte económica as actividades que desenvolven ao longo do ano, tanto no ámbito do asesoramento como da formación e da divulgación” e indicou que “o obxectivo, alén desta primeira edición, é consolidar o encontro como unha data de referencia para o sector ecolóxico galego”
O encontro desenvólvese no marco da colaboración anual que a área de rural mantén coa plataforma de produtores e produtoras de ecolóxico, orientada a financiar actividades formativas e divulgativas. Entre outras, neste ano, celebraron unha xornada formativa co proxecto Eo Alimenta e unha xornada de formación con cans de pastoreo Border Collie.

Galego









Control OJD