Este mércores, 10 de marzo, ás 11:30 horas, ABANCA Agro celebrará un encontro dixital para clientes do sector agro centrado na próxima reforma da Política Agraria Común da Unión Europea.
O encontro contará coa participación de Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, na apertura da xornada, e de José González, conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, quen realizará a clausura. Asi mesmo participarán representantes de ABANCA, das administracións públicas e do sector agroalimentario galego.
Inscripción na xornada a través desta ligazón:
https://abanca.zoom.us/webinar/register/WN_Btmmo4tRQfGCdrqx7hDySg
Programa:
-11:30 – 11:35 Apertura e presentación da xornada. Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.
-11:35 – 11:40 Benvida e presentación dos poñentes. Jesús Combarro, director de ABANCA Agro.
-11:40 – 12:00 ‘Aspectos máis relevantes da próxima reforma da PAC’. Ignacio Atance, subdirector xeral de Planificación de Políticas Agrarias (Ministerio Agricultura, Pesca e Alimentación)
-12:00 – 12:20 ‘Cambios máis relevantes desde a perspectiva dos beneficiarios de axudas PAC en Galicia’. Jorge Piñeiro, subdirector xeral de Xestión PAC (Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia)
12:20 – 12:40 ‘Implicacións da reforma da PAC para os sectores máis representativos en Galicia (vacún de leite e de carne)’. Higinio Mougán, director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.
-12:45 Clausura da Xornada. José González, conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia.