Encontro de Medio Rural co sector agrario pola posible perda de peso da PAC en Europa

Encontro de Medio Rural co sector agrario pola posible perda de peso da PAC en Europa

Reunión de Medio Rural co sector agrario para abordar a proposta europea sobre a PAC.

A proposta da Comisión Europea para modificar a Política Agraria Común (PAC) a partir do 2028 xera un rexeitamento unánime a nivel de España, tanto por parte das distintas Administracións como do conxunto do sector agrario (organizacións e cooperativas). En Galicia, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, vén de manter un encontro coas principais organizacións agrarias e a Asociación Galega de Cooperativas para abordar a situación.

Un dos principais problemas é que a partir do 2028 se baralla unha posible perda do presuposto comunitario destinado á PAC, de ata un 20%. A segunda cuestión é a perda de peso da Política Agraria Común, que pasará a un fondo rural, xunto con outras políticas, para ser xestionado polos diversos Estados membros con maior peso dos criterios propios.

A idea do sector agrario galego é manter unha reunión do Consello Agrario Galego tralo verán, para abordar a situación, e pídese tamén a convocatoria dunha Conferencia Sectorial de Agricultura, entre Ministerio e comunidades autónomas. O obxectivo é presentar unha proposta común en defensa da continuidade do actual modelo da PAC e sen recurte de fondos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información